O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible realiza anualmente a Enquisa da Estrutura da Industria da Construción , a partir da información fornecida por unha mostra representativa de empresas (tanto persoas físicas como xurídicas), cuxa actividade principal é a construción.
A Enquisa está incluída no Plan Estatístico Nacional 2021-2024 (RD 1110/2020) e con ela dáse resposta ás obrigacións internacionais de España, derivadas do Regulamento 2019/2152 do Parlamento Europeo e do Consello relativo ás Estatísticas Empresariais Europeas.
Os principais obxectivos desta Enquisa son:
Coñecer as principais macromagnitudes do Sector da Construción, base esencial para a elaboración das Contas Nacionais e Rexionais.
Obter un conxunto de información detallada, actualizada, fidedigna e completa do Sector da Industria da Construción a nivel nacional e homoxéneo aos diferentes sectores industriais que permita coñecer as principais características estruturais da industria no seu conxunto.
Obter series temporais homoxéneas de resultados, con definicións e criterios que permitan a comparación coa información elaborada por outros países.
Por último, servir como instrumento necesario para a execución de estudos e análises relativos aos factores de produción utilizados e outros elementos que permitan medir a actividade, rendemento e competitividade das empresas, así como a estrutura e a evolución das mesmas co obxecto de comparar a súa actividade e rendemento cos dos competidores do seu sector a escala rexional, nacional e internacional.
A empresa Investigación, Planificación y Desarrollo, S.A. (IPD), adxudicataria do contrato público, está autorizada oficialmente para recibir e xestionar os cuestionarios, estando obrigado a entregalos unicamente ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible, que só difundirá información agregada sobre o sector.
Para poder obter a información, solicitamos a súa colaboración mediante o enchemento do cuestionario por internet, accedendo mediante a seguinte ligazón:
Para calquera consulta ou aclaración pode dirixirse ao teléfono gratuíto: 900 907 501 ou ao fax: 900 907 571. Tamén pode facelo enviando un correo electrónico a construccion2023@ipd.es
Se desexa máis información sobre a Enquisa, metodoloxía, publicacións, datos históricos, etc., podes consultar a información na páxina web do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible:
- Observatorios e estatísticas
- Información estatística - Construción
- Estrutura da industria da construcción